|BALLET IMPERIAL RUSO: Gran Gala Tchaikovsky e Bolero
Fecha Inicio
|22/01/2022
Fecha Fin
|22/01/2022
Horario
|20:30
Lugar
|Auditorio
Precio
|Zona A: 22 Zona B: 20 Zona C: 18 (máis gastos de xestión na venta anticipada)
Venta
|Anticipada en www.ataquilla.com e, de non esgotarse antes, o día da función a partir das 18.30 no Auditorio
Observaciones
|
O Ballet Imperial Ruso é unha compañía con fama internacional. Formado en 1994 en Moscova pola lendaria bailarina Maya Plisetskaya e dirixido pola estrela do Teatro Bolshoi, Gediminas Tarandá, coreógrafo e destacado director artístico de grandes eventos que conta cos recoñecementos de Artista de Honra de Rusia (2005) e coa Orde de Diaguiliev (2008).
A Gran Gala Tchaikovsky reúne os fragmentos máis destacados de “O Lago dos Cisnes”, “O Cascanocea” e “A Bela Durminte”. A parte correspondente ao “Bolero”, de M. Ravel, conta con deseño A. Kozhenkova. Esta é a obra do repertorio do Ballet Imperial Ruso máis espectacular e máis solicitada en todo o mundo. Esta coreografía foi creada por Nikolay Androsov especialmente para o Ballet Imperial Ruso e os seus primeiros solistas: Maya Plisetskaya e Gediminas Tarandá. Foi estreada en Xapón (Tokio) en 1998.