Observaciones |
|
|
O colectivo xuvenil Arousa Moza desenvolve esta xornada multidisciplinar en colaboración coa Concellería de Xuventude.
“AROUSA INSPIRA”
10:00 - 17:00 PINTURA: Os artistas, previamente inscritos, ata un máximo de 16, terán á súa disposición un espazo e os materiais necesarios para a elaboración da obra que desexen, sempre que se enmarque no tema da promoción do patrimonio arousán.
10:00 – 23:00 FOTOGRAFÍA E POESÍA: Durante todo o día exporanse no parque as poesías e fotografías recibidas con anterioridade e impresas para que sexan contempladas por todos os asistentes ao evento.
17:00 – 19:00 DANZA Ás 17:00 dará comezo a exhibición de danza na que participarán diferentes escolas e colectivos relacionados co mundo do baile, previa inscrición. Abarcaremos todos os estilos que os participantes desexen, dende os máis modernos ata os máis tradicionais.
19:00 – 23:00 RAP A guinda desta Iniciativa Xove será o rap. Por un lado, contaremos coas actuacións de rapeiros e rapeiras recoñecidos que farán mostra da súa habilidade para a improvisación e cantarán algúns dos seus temas.
CONCERTOS
19:00 h. FABIO BUM RAP 19:30 h. GERSIO, WAS & MAVDBA 20:10 h. ALEXANDRA PÉREZ 20:30 h. SONDARÚA 21:00 h. RICKY HOMBRE LIBRE Ricky é un artista galego nacido en Santo Domingo que, despois de triunfar cos seus singles dende 2014, en este 2017 saca o seu primeiro disco en solitario chamado “La estrategia de la tortuga”. Neste artista temos especial interese debido ao seu recente tema “Vengo de Galicia”, canción sobre a nosa terra e cuns sons moi característicos de gaitas e instrumentos tradicionais.
21:30 h. COMPETICIÓN FREESTYLE |