|
19:00 – 23:00 RAP A guinda desta Iniciativa Xove será o rap. Por un lado, contaremos coas actuacións de rapeiros e rapeiras recoñecidos que farán mostra da súa habilidade para a improvisación e cantarán algúns dos seus temas.
CONCERTOS
19:00 h. FABIO BUM RAP 19:30 h. GERSIO, WAS & MAVDBA 20:10 h. ALEXANDRA PÉREZ 20:30 h. SONDARÚA 21:00 h. RICKY HOMBRE LIBRE Ricky é un artista galego nacido en Santo Domingo que, despois de triunfar cos seus singles dende 2014, en este 2017 saca o seu primeiro disco en solitario chamado “La estrategia de la tortuga”. Neste artista temos especial interese debido ao seu recente tema “Vengo de Galicia”, canción sobre a nosa terra e cuns sons moi característicos de gaitas e instrumentos tradicionais.