Observaciones |
|
|
Os concertos dominicais do programa Ágora Vermú, organizado pola Concellería de Cultura, rematan este ano na zona de terraceo da Alameda, na avenida da Mariña.
Lontreira, banda gañadora da “Canción do Verán” do programa da TVG co tema “Corazón de toxo”, presenta en Vilagarcía o seu disco “Apnea”, primeiro traballo da banda e publicado este mesmo ano 2023. O disco intercala poemas e cancións para ir narrando singraduras da vida a través das conexións especiais cos espazos naturais simbólicos.
Adriana Cores (Adri Coyote), Héctor Rodríguez (Rotce) e Iván Barral son os tres compoñentes de Lontreira, un grupo de música en galego con raíces na Illa de Arousa e con Vigo como berce da súa formación, cidade na que cursan os seus estudos superiores e na que uniron os seus talentos nun proxecto musical que xa os está a converter nunha prometedora banda emerxente.
Adri Coyote (A Illa), letrista e voz de Lontreira, está sendo considerada unha das voces importantes femininas no panorama musical galego. Para Héctor Rodríguez (Moaña), teclista e compositor musical, a música é unha vocación que quere transformar en profesión; para Adri Coyote (A Illa) a música é unha afección “herdada polo ambiente cultural no que me criei na casa” coa que quere transmitir a súa paixón polo medio natural; e Iván Barral, guitarrista autodidacta e último en incorporarse, é o encargado de lanzar as “balas guitarreiras” que envolven de melodía ao público. Xuntos crean arte, unha arte que queren compartir na terra que a inspira, Galicia, donde buscan tamén a complicidade do público. |