|
A Concellería de Cultura organiza unha nova edición da popular Festa dos Maios na que os grupos participantes poderán exhibir os seus traballos florais (maios cónicos, cruz de maio, maio artístico, caixas e barcos) na mostra que se organizará no Parque Miguel Hernández durante toda a xornada e no que as agrupacións que presenten coplas terán que cantalas ante o público no espectáculo que comezará a mediodía. A Concellería agasallará aos participantes que cumpran as bases cunha compensación económica e rosca. Este ano a mostra contará con 73 composicións florais das cinco tipoloxías.