|Rede Galega de Teatros e Auditorios. Convenio Concello-Agadic
Fecha Inicio
|13/04/2019
Fecha Fin
|13/04/2019
Horario
|21:00
Lugar
|Auditorio
Precio
|5 euros. De balde para desempregados, estudantes e maiores de 65 anos (cun límite de 65 localidades) acrditando a condición de beneficiario con tarxeta de desempregado, carné xove e DNI respectivamente.
Venta
|Anticipada (máis custes de xestión) en www.ticketa.com e no teléfono 911982284. De non esgotarse antes, tamén o día da función, a partir das 19:00 horas no Auditorio
Observaciones
|
EntreSoños é un espectáculo de baile e música tradicional galega presentado dende o punto de vista contemporáneo. Os tres bailadores/cantadores que compoñen o elenco artístico sobre o escenario (Fran Sieira, Aida Tarrío e Xisco Feijoó) dan vida á obra que se sustenta sobre a música do compositor e músico multidisciplinar, Anxo Pintos, e as coreografías do bailarín contemporáneo e coreógrafo, David Vilariño. E todo elo, vestido cos deseños de Alessio Meloni e envolto nun marco escénico ideado por Vanesa Hernández (escenografía) e Luis Perdiguero (iluminación).