Observaciones |
|
|
O Campo da Festa de Sobradelo convértese o sábado no epicentro ca cultura popular galega mediante a celebración do “Serán’08”, organizado pola Asociación Cultural "Nós" en colaboración coa Concellería de Cultura. Aparte de divertir, este evento lúdico, cultural, musical e gastronómico, ten coma obxectivo recuperar a práctica destas xuntanzas tradicionais nas que se transmitía o folclore e as costumes de cada zona de xeración en xeración. Ao serán de Sobradelo acudirán grupos de diferentes municipios de Galicia para amosar o seu folclore. Durante a festa repartiranse produtos gastronómicos tipicos como mexillóns ao vapor con cachelos, empanada, licor café, chocolate quente, rosa e churros. |