Observaciones |
|
|
A Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, en colaboración coa Concellería de Servizos Sociais, organiza na Sala Caixanova, situada no terceiro andar da Casa da Cultura, unha exposición que pretende amosar a situación e as condicións de vida do pobo saharaui nos campamentos de refuxiados do deserto. A exposición componse de diverso material gráfico e informativo, como paneis, fotografías dos campamentos e dos seus habitantes así como dos nenos saharauis que veñen a pasar o verán en Vilagarcía a través do programa “Vacacións en Paz”. Tamén inclúe diversos obxectos típicos da cultura saharaui. |