Observaciones |
|
|
A comitiva real que acompaña a Melchor, Gaspar e Baltasar na súa visita a Vilagarcía sairá ás sete da tarde dende a explanada do Auditorio para percorrer o casco urbano da cidade.
A cabalgata sairá dende a Praza da II República (e seguirá pola Avenida da Mariña e Alameda para coller pola Praza do Doutor Cerúa cara Alexandre Bóveda. Seguirá por Alejandro Cerecedo, Doutor Tourón, Praza de España, Edelmiro Trillo, Padre Feijoo e Arapiles, para rematar ante o Concello despois do paseo a pé dos Reis polos Xardíns de Ravella.
RECEPCIÓN NO CONCELLO
Concluída a Cabalgata e o discurso ante belén vivinte, os Reis Magos ofrecerán unha recepción no salón nobre do Concello para que os nenos e nenas que o desexen poidan falar con eles.
|