|SAN ROQUE 2020. Festas de Interese Turístico Nacional
Fecha Inicio
|15/08/2020
Fecha Fin
|15/08/2020
Horario
|06:00
Observaciones
|
SÁBADO 15 AGOSTO
12:30 – Rúas da cidade Festaclown – Superroquiños Espectáculo: O estraño caso do dentista da rúa Brasov Compañía: Troula
“Un dentista da Europa do Leste, o doutor Krakmhu Elah, percorre co seu carromato vilas e cidades buscando clientes para a súa pequena consulta ambulante. Pero o que ninguén sabe e o seu estraño pasado e a súa estraña obsesión que pouco a pouco irá descubrindo a través de xiros inesperados, feed backs, maxia , clown e interacción co público para solucionar esta delirante historia”.
13:30 - Barrio de San Roque Pasacalles San Roquiño O Pequeno Grupo de Gaitas Os Terribles de Arousa
19:30 – Praza da II República Festaclown - 1ª Sesión Espectáculo: Cirqueiras Compañía: Culturactiva Producións Cirqueiras é unha incrible gala multidisciplinar con varias das mellores artistas galegas do momento. Conducida por Vanessa Rivas veremos unha destacada escolma de números de diferentes estilos a cargo de Raquel Veganzones, Marta Semprearriba, Ánxela Blanco e Mónica de Nut. Aéreos, danza, música e humor a cargo dunha destacada selección de mulleres.
23:00 – Parque da Xunqueira CONCERTO Son da Casa Arosa Bay
“Arosa Bay” é unha agrupación musical de amigos, fundada no seno da Asociación do mesmo nome en febreiro do ano 2014, actualmente consta de oito compoñentes e o seu repertorio está baseado en pezas melódicas cantadas e acompañadas por acordeóns, corda e percusión. Nos seus concertos buscan a participación do público pois o seu repertorio está composto de vals, habaneras, boleros etc. Con reserva previa en http://www.woutick.es