Observaciones |
|
|
O line up deste primeiro evento estará encabezado por tres dos nomes que están a facer máis ruido da nova ola da escena urbana española: Love Yi, Tekilas e Iaghost.
LOVE YI ten un estilo moi persoal que camiña entre o underground e a música mainstream, sendo un dos artistas con máis crecemento orgánico e constante, seus vídeo singles contan coas colaboracións de artistas como Delaossa, Recycled J ou Delarue. Con tan só 23 anos publica o seu primeiro álbum, Fortuna.. Agora por fin podemos escoitar o increible resultado de Espíritu, o seu segundo álbum de estudio. Un disco onde Love Yi móvese entre o R&B, o rock, o pop e o rap, sen perder a súa esencia cen por cen urbana.
TEKILAS é un cantante, produtor, deejay e deseñador orixinario de México. Actualmente reside en España e é un dos maiores expoñentes da música urbana en Galiza, sendo un dos artistas que representan a escea de Vigo, a maior potencia en canto ao xénero sen dúbida. Os xéneros musicais polos que se move e as súas influencias van dende o trap, a música mexicana, o reguetón ou a música electrónica.
IAGHOST é un dos productores de trap e pop urbano do momento. Colaborador habitual de grandes da escea como Love Yi, Recycled J, Tekilas, C. Tangana, Moonkey e outros grandes nomes da escena, este rapaz orixinario de Vigo foi quen de revolucionar o xénero cós seus beats |