|Anticipada en ataquilla.com (máis custes de xestión). O dia da función, no Auditorio a partir das 18.00 horas
Observaciones
|
Vilagarcía adiántase este ano á celebración do Día Internacional da Danza, que se conmemora o 29 de abril, cun espectáculo de danza con base no baile e na música tradicional. Trátase de “Ceibe”, a última produción da recoñecida compañía do galego Fran Sieira, que xira en torno ao estereotipo machista no baile tradicional. A actividade programada pola Concellería de Cultura a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios é un espectáculo de danza que afonda na relación entre os roles de xénero e a nosa tradición. Conta cun elenco de 8 bailaríns e bailarinas e está codirixida por Fran Sieira e Sergio R. Suárez.