|
A artista malagueña é unha das grandes revelacións no panorama musical español nos últimos anos e virá a Vilagarcía acompañada da banda Rufus T. Firefly. En 2019 Anni B Sweet sacou ao mercado Universo por Estrear, o seu cuarto álbum e primeiro en español. O seu último disco será a base principal deste concerto,un traballo co que a autora se lanzou ao pop perfecto de retrousos infecciosos con arranxos de electrónica retrofuturista e neopsicodelia.