|
A pintora María Casal mostra dende o 7 de marzo na Sala de Exposicións do Auditorio unha selección das súas obras. Baixo o título "O laio da memoria", a artista agrupa unha selección de óleos sobre lenzo e varias obras realizadas con técnica mixta. A exposición poderá visitarse ata o 1 de abril.