|De balde, con reserva previa e ata completar aforo.
Venta
|Reservas en www.woutick.es
Observaciones
|
Perseguidor é o proxecto musical do Vilagarcián Mon Plats, que despois de moitos anos como afeccionado á música e a escribir cancións, decide dar o salto e gravar o seu primeiro disco. Nel traballou co músico e produtor Adrián Saavedra, nun álbum que contén un puñado de temas pop/rock cheo de melodías pegadizas e letras emotivas e no que contou para a súa gravación con diferentes músicos da xeografía galega e acompañado nos coros polas voces dalgúns membros do coro Coda de Vilagarcía de Arousa. O devandito proxecto musical deu o pistoletazo de saída recentemente co lanzamento en redes sociais do primeiro videoclip da canción que leva por título “Levanto o voo”, que xunto co resto de cancións serán interpretadas en directo en formato banda para a ocasión.