Observaciones |
|
|
As rúas da cidade vestiranse de Entroido o martes, 21 de febreiro, durante a celebración do tradicional Desfile de Disfraces e Carrozas. A organización repartirá 6.800 euros en premios ós mellores disfraces nas modalidades de grupos, parellas e individual, tanto na categoría infantil coma de adultos. Tamén haberá premio á mellor carroza, premio á mellor animación e o accesit especial para a modalidade de choqueiros. Os premios entregaranse ao final do percorrido, aproximadamente ás 20:30 horas, na festa que terá lugar na Praza da Peixería.
Percorrido: Saída de Alexandre Bóveda para continuar por Alejandro Cerecedo, Doutor Tourón, Praza de España, Edelmiro Trillo, Padre Feijoo, Praza da Independencia, San Roque, intersección da rúa Cervantes, avenida Juan Carlos I, e remate na Praza de Ravella
|