Observaciones |
|
|
Proxección ao aire libre la película "Garras humanas" dirixida en 1927 por Tod Browning. O grupo Fuzzo será o encargado de interpretar a banda sonora en directo. O espectáculo será na rúa García Caamaño.
Sinopse Alonzo é unha das atraccións do circo xitano de Zanzi. Aínda que é manco, lanza hábilmente cos pés coitelos contra Nanon, a bela filla de Zanzi. Á moza non lle gusta que os homes a apalpen, en especial Malabar, o home forzudo. Por iso sente moi a gusto con Alonzo, pero este non é quen di ser.
Fuzzo Formación que reúne a tres estrelas da escena do jazz galego: Virxilio da Silva na guitarra, Xan Campos nos teclados e Chus Pazos na batería. Defínense así mesmos coma unha banda de improvisación libre acumulativa, e fan dos seus concertos unha verdadeira experiencia de salvaxe éxtase creativa. Na súa música pódese escoitar dende psicodelia, blues, krautrock, prog e free jazz, música electrónica e afrobeat.
|