Observaciones |
|
|
Palabra de gaiteiro” é o título da homenaxe musical que Vilagarcía renderá a Juan Barcala “O Gaiteiro de Cornazo” no Auditorio Municipal: Unha gran foliada na que actuarán nove grupos de gaitas e formacións de música tradicionais nas que Barcala participou. Son Lumarada de Cornazo, lugar de nacemento do homenaxeado, e Santa Plácida de Rubiáns, onde residía; xunto con Mero, Os Demos da Petaca, María Manuela, Mocidade da Torre, Nós, Os Terribles de Arousa e Leixaprén. Finado en xuño de 2021, Juan Barcala é un referente da música tradicional galega, músico e compositor, autor do "Pasodobre Leixaprén", todo un clásico nas festas populares de toda Galicia. |