|
Guadi Galego é unha das artistas máis relevantes da escena musical galega das últimas décadas. A súa andaina musical comezou sendo ela moi nova, en Berrogüeto, como vocalista, pianista e gaiteira, e, co tempo, deu paso a outros proxectos máis persoais, como Espido ou Nordestin@s . No 2009 inicia a súa carreira en solitario con Benzón. Logo chegarían os exitosos Lúas de Outubro e Agosto (con éxitos indiscutibles como “Chea de vida” ou “Matriarcas”), O Mundo está Parado, Inmersión, Costuras ou o máis recente Roibén, LP que presentou en diferentes puntos da xeografía peninsular. Este outono lanzou o sinxelo O.D.A, toda unha declaración de intencións sobre a madurez e aceptación da vida, e na que reivindica o dereito a seguir experimentando, pois O.D.A non é só un punto de chegada: marca o inicio dunha nova etapa na carreira da artista.
Concerto financiado polo programa +Música da Deputación de Pontevedra