|MUSICAL INFATIL: "Little neno descobre os Beatles"
Programa
|Rede Galega de Teatros e Auditorios. Convenio Concello-Agadic
Fecha Inicio
|23/04/2022
Fecha Fin
|23/04/2022
Horario
|18:00
Lugar
|Auditorio
Precio
|Anticipada, 5 euros para adultos e 3 para público de ata 13 anos (máis gastos de xestión).
Venta
|Anticipada en www.ataquilla.com. O día da función, no Auditorio a partir das 16.00 horas, e sen gastos engadidos.
Observaciones
|
The Beatles, un fito da música pop do século XX e todo un clásico da música moderna, pon a banda sonora e argumental deste musical infantil promovido pola compañía galega Reixa Producións.
A través da divertida e imaxinativa historia protagonizada por un neno, os cativos que asistan á función poderán tomar contacto cos temas e personaxes máis populares dos temas que fixeron famoso á banda liderada por Lennon e Mccartney.
O espectáculo está dirixido principalmente a nenos e nenas de entre 2 e 12 anos e ten unha duración de 45 minutos.
Sinopse
Cando Little Neno queda durmido sempre suceden cousas estrañas. Pero estrañas de verdade... Renato, o seu oso de peluche, marchou nun curioso submarino amarelo. Para atopar ao seu querido amigo, Little Neno terá que contar coa axuda de personaxes sorprendentes coma o tolo do outeiro, o home ovo, Lucy no seu ceo de diamantes e unha morsa. E todo aderezado coa música da banda de Liverpool que fará bailar e cantar tanto ao público infantil como ao de máis idade.