O espectáculo do taller de teatro Clámide e a asociación Con Eles volve a representarse na cidade despois do éxito da súa estrea este verán con motivo do Festaclown.
O Novo Circo da Diversidade é unha montaxe que mestura teatro, comicidade e compromiso social. O espectáculo é froito do Obradoiro de Dramatización e Teatro que, ao abeiro do Apartado Social do Festaclown Vilagarcía, compartiu Fran Rei con diversos usuarios e usuarias da Asociación Con Eles ao longo do primeiro semestre de 2023.