Observaciones |
|
|
"Alone" é un espectáculo físico e de circo da compañía MAI CLOWN
Alone entra na súa casa e lógrao, está soa!Ela é a máis lista, guapa e raíña da casa. Si! Porque ela está soa! Así comeza esta historia, estados anímicos que van do pracer á desesperación que se alteran a partir dunha constante multitude de gags, problemas e historias pasadas que a atravesan.Con cada unha das situacións que nesta casa aparecen, imaxínase e constrúese Alone. A soidade, a competencia, o orgullo e o perdón son algúns dos desafíos aos que se enfrontará esta pallasa, do mesmo xeito que cada un ou cada unha de nós facemos día a día. |