Observaciones |
|
|
O texto de “Memoria de Helena e María”, orixinal de Roberto Salgueiro foi o gañador do Premio Abrente de Teatro en 2006. A montaxe de Teatro Atlántico obtivo sete nominacións aos premios María Casares de 2011: Mellor Texto Orixinal, Mellor Iluminación, Mellor Interpretación Feminina en Papel Protagonista (Lucía Regueiro e María Barcala), Mellor Música Orixinal, Mellor Dirección e Mellor Espectáculo. A obra está dirixida por Xulio Lago e interpretada por Lucía Regueiro e María Barcala.
Sinopse Nos meses previos á guerra civil, nunha vila de Galicia, prodúcese o primeiro encontro entre Helena e Manuel. Un encontro que había desembocar nun amor inmenso: “......e entrou el. Ao pasar ao meu carón sorriume, fitoume, e xa non houbo máis olladas nin máis soños. Amar. A miña vida comeza nel” (Helena. Escena VII) |