Observaciones |
|
|
Tras mais de 30 anos de carreira, con Carlos Del Río á cabeza, Motores decidiu poñer punto e final á súa carreira. Fano cun último disco de estudo “30 años Inmortales” e unha xira de despedida que os levará por toda España os próximos dous anos. Cunha extensa discografía, infinidade de xiras e actuacións compartindo escenarios con case todas as bandas de rock deste país, Motores é un grupo respectado e querido, e ese é un dos seus mellores legados xunto cun directo brillante.
Este último traballo ten aroma a clásico, aos inicios da banda, 100% Motores. En varios dos temas contaron coa colaboración de Alberto Cereijo e Pedro Andrea, dúas incribles guitarras. “Inmortal”, “Jarra vacía” ,”Siempre dices no” e “Jaque mate” son algúns dos temas que integran este disco, sendo neste último onde toma protagonismo a voz do batería, Carlos Rivas. Unha xira de despedida que estará chea de sorpresas, nostalxia e moito rock. |