Observaciones |
|
|
Para este Concerto de Inverno, o director da Banda de Música, Jesús Nogueira, cede a batuta ó mestre Marcel van Bree, que dirixirá á formación vilagarciana nun programa composto por obras de Andre Waignein, Thomas Doss, Chaminade e George Gershwin.
O director invitado Marcel van Bree naceu en Meijel (Holanda) e estudou no Conservatorio Superior de Tilburgo, onde obtivo os diplomas de clarinete e dirección coas máximas cualificacións. Proseguiu os seus estudos de dirección con Pierre Kuijpers, E. García Asensio, Heinz Friezen e Gerald Brown. En Holanda foi profesor de clarinete e director das bandas de Nieuwstadt, Koningslust e Gemert.
En 1992 trasladouse a Galicia e dende ano até o 2004 foi director do Conservatorio Profesional de Lalín, da Orquestra de Cámara do mesmo e da Banda Municipal de Lalín. Foi director da Banda Sinfónica de Galicia e dirixiu a Banda da FederaciónGalega dende 2001 ata 2004.
En calidade de director convidado ten dirixido ás principais bandas de música de Galicia, así como ás bandas municipais de Madrid, Albacete e Bilbao.
Van Bree gravou varios discos coa Banda de Lalín, a Banda Sinfónica de Galicia e a Banda Municipal da Coruña. Como profesor impartiu cursos de dirección nos conservatorios de Pontevedra, Ourense, Lalín, Lugo e Oporto. Desde setembro do 2004 é director titular da Banda Municipal da Coruña.
A frauta solista Marta Novoa naceu en Chantada (Lugo). Estudou frauta travesera nos conservatorios de Lalín, Ourense e Vigo, no que obtivo o Grao Superior de Música na especialidade de Frauta Travesera.
Ten participado con bandas de toda xeografía galega así como coa Orquestra Sinfónica do Deza, a Orquestra do Conservatorio de Lalín ou a, Orquestra Sinfonieta de Vigo. Forma parte do cuarteto de frautas Cossi fan Flute, no que se exerce unha intensa actividade en canto á música de cámara. Como docente, impartiu clases de frauta, linguaxe musical e música e movemento en Escolas de Música como as de Chantada, Ribadeo, Illa de Arousa ou Vilagarcía, así como en conservatorios profesionais como o de Lalín ou o de Vilagarcía, onde imparte clases actualmente.
|