Observaciones |
|
|
M Clan, unha das bandas míticas dos anos 90 e todo un clásico do rock español, ofrecerá un dos concertos estelares das festas de San Roque.
MClan está considerada como unha das mellores bandas de rock de España das últimas décadas. Cun estilo que, pola voz do seu cantante, lembra ao de Rod Stewart ou Joe Cocker, ténselle comparado co son de grupos como Black Crowes, Led Zeppelin ou Lynyrd Skynyrd, entre outros. Maila isto, M-Clan sempre tivo un estilo propio e moi rico que combina os ritmos do rock sureño presentes nos seus dous primeiros traballos, “Un Buen Momento” e “Coliseum”, cunha evolución que os levou ao longo dos anos a fusionar co blues, o soul, o rythm & blues e o hard rock máis setenteiro.
A característica voz de Carlos Tarque faga soar na Xunqueira cancións tan populares como "Carolina", "Quédate a dormir", "Miedo" ou "Llamando a la tierra", a excelente versión do tema da Steve Miller Band que o grupo murciano soubo facer propio. |