Observaciones |
|
|
SALA DE CONFERENCIAS DO AUDITORIO
Patricia Buján Otero asina "As bicicletas si son para Galicia", unha obra práctica e de reflexión que convida a usar máis a bicicleta en Galicia, con consellos sobre materiais e compoñentes, circulación, transporte etc., e a primeira radiografía do uso da bicicleta nas principais vilas e cidades galegas, cun apartado dedicado especificamente a Vilagarcía.
Participarán na presentación a Concelleira de Urbanismo, Paola María; o presidente de Arousa en Bici, Emilio González; e Patricia Buxán, coautora da obra.
O libro foi publicado por Catro Ventos Editora. |