| Zonas A e B:6€ e Zona C: 5€ (entradas numeradas)
Venta
|anticipada en Ataquilla.com e, de non esgotarse, na billeteira do Auditorio a partir das 19:00 h
Observaciones
|
O Coro Liceo de Vilagarcía presenta un concerto composto por unha selección de temas musicais de todos os tempos que teñen en común estar cheos de “emocións e sentimentos”. Deste xeito, como mellor o saben facer, a formación rende unha sinxela homenaxe a Ana Padín, unha das fundadoras e piar fundamental do Coro Liceo, no que cantou durante corenta e catro anos.
A agrupación coral estará dirixida por Josefa Dorado e contará co acompañamento ao piano de Alejo Amoedo.