|Anticipada a través da web servinova.com ou da taquilla telefónica 902 504 500.
Observaciones
|
O musical “Brillantina”, a recente adaptación ao español do exitoso espectáculo “Grease”, chega este Nadal a Vilagarcía tras o éxito acadado nos mellores escenarios da xeografía nacional dende que se estreara hai xa doce anos.
O musical representarase en dúas funcións. A primeira ás oito da tarde e a segunda ás dez e media da noite do día 28 de decembro.
En 1971 presentouse nun teatro do Broadway neoiorquino un musical que respondía ao nome de “Grease” (“Brillantina”). Tratábase, dun xeito trepidante e divertida, de tecer unha historia que retomase os anos do primeiro rock and roll norteamericano (finais dos cincuenta e primeiros sesenta). A montaxe foi todo un éxito e en 1978 o fenómeno Grease tomou dimensións universais coa película homónima protagonizada por John Travolta e Olivia Newton John.
O musical preséntase en Vilagarcía cunha espectacular posta en escena, con 22 persoas no escenario entre cantantes e corpo de baile e dez cambios de vestiario durante preto de dúas horas de show.
O segredo do éxito deste musical reside na forma que esta exposto o concerto. En “Brillantina” non hai practicamente textos salvo algunhas pequenas intervencións por parte dos cantantes co público. Con iso conséguese un maior ritmo no desenvolvemento do espectáculo captando o interese do espectador desde o primeiro momento.
De entre os moitos musicais que se teñen realizado en España nos últimos anos “Brillantina” destaca por ter sido clave no xénero pola súa frescura e por contar cun repertorio vibrante. Como sinala o seu texto promocional “Brillantina” é o musical “para mozos de todas as idades, un clásico fundamental”.