Observaciones |
|
|
A Deputación provinicial de Pontevedra e a Fundación Municipal de Deportes e organizan a marcha cicloturista "Únete á volta", un evento lúdico deportivo para afeccionados de cinco anos en diante no que colaboran Arousa en Bici, Club Ciclista Xiabre, Motobazar e Rodas.
A marcha partirá da explanada do Auditorio ás 10:30 horas. Para participar será preciso inscribirse previamente e recoller o dorsal co número para participar no sorteo final de agasallos. A inscrición ábrese ás nove da mañá.
trátase dunha marcha non competitiva, polo que se realizará a ritmo de paseo de 10 quilómetros e se realizarán dúas paradas para reagrupar aos participantes. O percorrido partirá da explanada do Auditorio para dirixirse cara Carril pola Avenida da Mariña e Rosalía de Castro ata chegar a Valentín Viqueira. Na Praza da Liberdade terá lugar a primeira parada de reagrupamento e logo continuarase a marcha cara Vilagarcía polo Paseo Marítimo e o Parque Miguel Hernández. A marcha seguirá por Rivero de Aguiar, a rotonda do Cavadelo e a Rúa Valle Inclán ata chegar ao Parque Dona Cocha de Vilaxoán. Alí farase a segunda parada de reagrupamento para proseguir de seguido regresando ao Auditorio.
Haberá unha jincana para os máis pequenos na explanada do Auditorio, avituallamento para os participantes e sorteo de premios.
|