Observaciones |
|
|
A Semana Náutica e Cultural de Vilaxoán chega a súa séptima edición e nesta ocasión como antesala de luxo ao X Encontro de Embarcacións Tradicionais que se celebrará en Carril do 30 de xuño ao 3 de xullo.
A Semana Náutica de Vilaxoán se desenvolve entre o sábado 25 e o mércores 29 e nela se inclúen arriabadas e visitas guiadas ás embarcacións tradicionais, actuacións musicais e teatro.
Os actos principais do sábado son a arribada de embarcacións (17,00 h) e a actuación do Grupo de Amigos do Acordeón de Meaño, na explanada do peirao, ás 23,00 h.
O domingo, as visitas guiadas comenzarán ás 11,30 h, ao tempo que haberá animación de rúa polo grupo Treboada. Ás 13,30 h. o Combo Mariñeiro presenta, na explanada, o seu novo disco. A partir das 17,00 h. haberá navegación libre e, polo tanto, será un momento único para ver a ducias de embarcacións tradicionais nas augas vilaxoanesas.
O luns 27, ás 21,00 h, na explanada actuará o grupo de danza Perla de Arousa.
O martes 28, dende as 11,00 h. haberá regatas de vela deportiva de optimist e cadete, e ás 21,00 h, no centro sociocultural, actuarán a rondalla e o grupo xuvenil da AC O Castro de Baión.
Por fin, o 29, ás 21,00 h, no mesmo centro, actuará o grupo de teatro A Prixela, de San Miguel de Deiro, que porá en escena a comedia “Soños a gran escala”, de Alberto Dosil.
Durante todas as xornadas o peirao vilaxoanés será un gran museo aberto e vivo das embarcacións tradicionais de Galicia e doutras comunidades e países europeos. |