Observaciones |
|
|
Elíades Ochoa é un dos soneiros máis importantes de todos os tempos, un notable defensor da música tradicional cubana e o mellor guitarrista da súa xeneración. É unha das estrelas do histórico álbum “Buena Vista Social Club”, co que ganou o seu primeiro Grammy -do que agora se celebran 25 anos- e na que destaca a súa memorable interpretación de "Chan Chan" ou "el Cuarto de Tula". Pero Ochoa tamén ten colaborado con iconas da música internacional como Manu Dibango, Charlie Musselwhite, Ry Cooder ou Toumani Diabate, entre outros e foi reivindicado por músicos nacionais como Bunbury, ou máis recentemente C. Tangana. |