|
O Concello, a través da Concellería de Cultura, colabora una no máis co IES Miguel Ángel González Estévez de Carril para o desenvolvemento da terceira edición do programa didáctico “Os Martes Arte”.
A iniciativa promovida polo centro educativo consiste na realización de charlas abertas ao público en xeral nas que se explicarán e analizarán diversas obras de arte, autores e movementos artísticos. O obxectivo é achegar a arte ao cidadán de a pé para facerlles comprender o valor da mesma a través do entendemento das obras.
As primeiras xornadas dedicaranse á análise da obra da pintora Tarsila do Amaral, a máxima representante da primeira fase do movemento modernista brasileiro