|
Un dos actos máis singulares e con maior tradición en Vilagarcía durante as festas patronais é o Traslado de San Roque dende a igrexa parroquial de Santa Eulalia de Arealonga ata a capela de San Roque. Acompañado por milleiros de veciños, a imaxe do santo trasládase ao trote e seguindo o ritmo do pasodobre "Triunfo" interpretado pola Banda de Música de Vilagarcía, dando a sensación de que santo avanza bailando. Esta peculiar procesión popular comeza ás 11:45 da mañá do día 16 de agosto e xusto ao seu remate, aproximadamente 15 minutos despois, e xusto despois de que o santo se adentre na capela. dará comezo a Festa da Auga.