|
Praza do Castro, Rúa a Baldosa e Rúa Méndez Núñez.
ENCAIXE É OUTRO CONCEPTO DE CORO, unha proposta fresca e divertida onde atopamos a 16 cantantes profesionais chegados doutras formacións como De Vacas ou o Coro da Rá e doutras disciplinas como o teatro, é unha mestura musical nada das inquietudes e traxectorias de todas e todos os que compoñen esta formación vocal. Gañadores do concurso da TVG "Oh Happy Day", e nos Premios Martín Códax 2018 ó mellor proxecto de música vocal.