Observaciones |
|
|
Salón Garcia acolle esta representación teatral organizada pola Área de Igualdade do Concello de Vilagarcía no marco dos actos do 8M.
"A Síndrome de Lis" é unha comedia teatral escrita e dirixida por Diana López Varela e interpretada por Rocío Barrio. Sinopse: Chegados os 36, Lis Lúa mira o seu desastroso pasado con tenrura: superados os seus problemas de autoestima por fin acada o soño de ser actriz nunha serie de éxito e a vida sorrille. Deixou atrás os seus medos e os complexos que a atormentaron desde rapaciña, como a anorexia nerviosa e unha implacable síndrome da impostora, e medrou como larva que se converte en bolboreta. Pero unha mensaxe dunha hater adolescente no seu perfil de Instagram abre unha fenda moito máis profunda na súa recén acadada confianza e está a piques de tirar pola borda as súas expectativas.
*Deberase acceder, como mínimo, 20 minutos antes do espectáculo. En caso contrario, perderase o dereito á entrada. En caso de anulación de reservas, estas poderanse devolver con 48 horas de antelación á celebración do espectáculo en ataquilla.com. As butacas que queden sen reservar ou se perdan, poderán ser utilizadas para outras persoas, por rigurosa orde de chegada ao espectáculo, antes do seu comezo. |