Observaciones |
|
|
Dous anos de espera fixeron que a Festa da Auga deste ano sexa o evento máis esperado en moito tempo, e por milleiros de persoas. A celebración volve este 2022 con toda a forza e sen restricións sanitarias pola covid, o que fará que grandes e pequenos poidan volver a gocar da festa máis refrescante e divertida de Galicia.
A partir das 12:00 horas, logo do traslado do santo dende a igrexa parroquial á capela de San Roque, lerase o pregón e dará comezo a Festa da Auga. Cubos, pistolas de auga, sulfatadoras... case todo vale para mollar e mollarse. Pero sempre dentro da zona "húmida".
Este ano non haberá mangueiras para aforrar no consumo de auga, pero si se invita a todos os veciños a que contribúan botando auga dende os seus balcóns e, aos que participan na batalla a pé de rúa, a mollarse en combates corpo a corpo a base de caldeirazos, pistoletazos de auga, globos ou que o que consideren. Para repostar manteranse prendidos os chafarices da fonte da Praza da Independencia e as fontes de premedor. |