Teña en conta que...
• ... os períodos de cobro aquí sinalados son indicativos. En todo caso, dende esta mesma páxina o dende os medios de comunicaicón darse conta de calquera modificación.
• ... se domicilia o pagamento dos seus impostos e taxas, este efectuarase a primeira semana do segundo mes de cobranza, a excepción do recibo da auga, que se realiza na primeira semana do primeiro mes, non do segundo.
• ... se xa ten algún recibo domiciliado, actualice a súa conta e evite erros na domiciliación. Coas fusións bancarias producidas nos últimos anos, e coa entrada en vigor do SEPA (Sistema Europeo de Pagamento), é moi probable que o número de conta no que ten domiciliado os seus recibos non sexa o correcto.
• ... para pagar os seus impostos e taxas pode utilizar calquera destas entidades bancarias: Banco Pastor, Abanca, La Caixa, BBVA, Banco Etcheverría e Banco Santander. Tamén pode facelo a través da rede de caixeiros automáticos.
Plan Personalizado de Pagos
O Concello de Vilagarcía ofrece aos contribuíntes do municipio a posibilidade de acollerse a un Plan Personalizado de Pagos que eles mesmos deseñarán para acomodar as súas obrigas fiscais anuais co Concello aos prazos que mellor lle conveñan. Os veciños podes dividir a suma total de taxas e impostos municipais que teñen que abonar en 11, 6, 4 ou 1 mensualidades.
O Plan Personalizado de Pagos é unha opción voluntaria que o contribuínte pode elixir se o desexa e nas modalidades que se especifican. No caso contrario, seguiríase utilizando o sistema actual de pasar ao cobro cada recibo en base ao calendario fiscal que rexe ata o momento.
A solicitude para acollerse ao Plan Personalizado de Pagos poderá facerse en calquera momento do ano, sempre antes do 1 de decembro do exercicio previo ao que se pretende iniciar co pago á carta.