_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
  UNHA CIDADE PARA INVESTIR

Se a súa posición de centralidade con respecto ó eixo atlántico A Coruña-Vigo, a súa condición de oitava cidade de Galicia e centro neurálxico dunha das comarcas máis dinámicas de Galicia, fan de Vilagarcía de Arousa un lugar ideal para vivir e comprar, esas mesmas condicións explican a súa idoneidade para o investimento empresarial.

En efecto, Vilagarcía é un dos cinco portos de interese xeral do Estado en Galicia, ten acceso directo á autoestrada A-9, que vertebra a fachada atlántica galega e a súa vez conecta coas autovías á Meseta e as grandes vías de comunicación con España e Europa, e conta con estación do ferrocarril na liña A Coruña-Vigo, unha das máis rendibles de Renfe en España. Non é estraño, pois, que Vilagarcía sexa sede de importantísimas empresas, moitas veces descoñecidas para os propios vilagarciáns, é o caso de Lantero, Cefrico, Larsa, Fundiciones Rey, Kwarner Eureka, Cepillos Mariño, etcétera. O tecido industrial, sen embargo, está dominado polas pequenas e medianas empresas. Deste xeito, en Vilagarcía sitúase máis da metade do solo industrial do Salnés e o seu índice industrial triplica ou cuadriplica o dos demais concellos da comarca.

Para afianzar esta posición, dende o Concello se ofrecen vantaxes fiscais para favorecer a instalación empresarial, e se informa e asesora sobre axudas autonómicas, estatais e comunitarias a través da Concellería de Promoción Económica.

Na actualidade, Vilagarcía conta con tres polígonos industriais, Bamio, Trabanca e O Pousadoiro, á espera de que este último poida ser ampliado para dar resposta á demanda existente.

Para coñecernos mellor:

4 Autoridade Portuaria de Vilagarcía.
4 Cámara de Comercio.
4 Fexdega.
4 Servicios municipais. Desenvolvemento local e emprego.
4 Asociación de Comerciantes Zona Aberta.

Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Oct 1975  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -