_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EDUCACIÓN
Vilagarcía acolle en xullo o curso de verán da USC “A formación e o emprego da xuventude nun mundo dixital”

O Grupo de Investigación Esculca, da USC, coa colaboración das Concellerías de Xuventude e Educación do Concello de Vilagarcía de Arousa, organiza o curso de verán “A formación e o emprego da xuventude nun mundo dixital”, que se celebrará os días 18, 19 e 20 de xullo de 2023 no Auditorio de Vilagarcía, en horario de mañá e tarde. A actividade formativa conta con 150 prazas e está aberta a todo tipo de público. A matrícula ten unha cota xeral de 70 euros e outra bonificada, a 40 euros, para estudantes, persoas desempregadas, pensionistas e membros da asociación de antigos alumnos da USC. Os interesados poden inscribirse ata o 7 de xullo a través da ligazón https://www.usc.gal/gl/servizos/area/cultura/formacion/universidade-veran/formacion-emprego-xuventude-mundo-dixital-12745
14.06.2023.- Este novo curso da USC pon de manifesto un ano máis a firme vocación universitaria que ten Vilagarcía, concello que xa hai décadas é sede oficial dos cursos de verán desta institución académica e no que, dende hai tres, tamén do programa IV Ciclo para a formación das persoas maiores de 50 anos.

Os obxectivos do curso “A formación e o emprego da xuventude nun mundo dixital” son comprender os principios e procesos que rexen o uso das redes sociais no mundo das profesións actuais; coñecer as bases da comunicación dixital e a súa aplicación práctica en diferentes contextos profesionais; analizar a importancia do autocoñecemento do perfil profesional na promoción da empregabilidade e concienciar sobre a relevancia da formación en competencias transversais como elemento clave na mellora da empregabilidade. A actividade tamén persegue formar na busca, consulta e candidatura a ofertas de traballo a través de Internet, aprendendo a deseñar un perfil profesional online; reflexionar sobre as vantaxes do uso das novas tecnoloxías para mellorar a empregabilidade e identificar diferentes plataformas e redes sociais onde explorar posibilidades laborais axustadas ao perfil profesional.

Os contidos desenvolveranse mediante relatorios e mesas redondas nas que intervirán expertos, docentes e responsables políticos e do sector empresarial. Tamén se celebrarán obradoiros nos que os alumnos poderán aprender de forma máis práctica algúns dos conceptos e técnicas expostos.

O curso ten unha duración de 18 horas lectivas e permitirá aos asistentes obter 1 crédito ECTS.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Jul 2024  
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
       
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -