_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Sete empresas presentan propostas para continuar coa humanización do barrio dos Duráns

Os servizos técnicos do Concello están xa avaliando as sete propostas que concorreron á licitación da obra de humanización do primeiro tramo da rúa Aquilino Iglesia Alvariño. A actuación, que precisa dun investimento de 178.756 euros, permitirá continuar a rexeneración urbanística do barrio dos Duráns mediante a transformacións da vía nun espazo agradable, seguro, accesible e con prioridade peonil, facilitando o tránsito das persoas cara a zona verde e de esparexemento dos Duráns. Unha vez adxudicado e asinado o contratro, a empresa disporá de seis meses para executar os traballos.
23.10.2023.- O proxecto encargado polo Concello á arquitecta Lucía Araújo afectará ao primeiro tramo de Aquilino Iglesia, o que vai dende a rúa Os Duráns –a primeira que se humanizou- ata a intersección coa de Eduardo Pondal. Na encrucillada con está última derribarase o muro que estreita a vía e que na actualidade conforma un perigoso pescozo de botella.

Cos traballos proxectados actuarase sobre 942 metros cadrados de superficie que se conformarán nunha vía de plataforma única na que o uso de vehículos limitarase ás entradas a garaxes, así como ao párking do supermercado. A circulación permitirase nun único sentido e a través dun carril que terá 3 metros de ancho en toda a súa lonxitude. A zona transformarase nunha zona axardinada, dotada de mobiliario urbano que se utilizará para crear unha liña de xogos de axilidade especialmente pensado para o divertimento dos nenos e nenas. O solado construirase con pavimento continuo de formigón fratasado a máquina con diferentes acabados e texturas.

Seguindo as directrices marcadas polo goberno local en todos os proxectos de humanización, a actuación prevé a renovación dos servizos de abastecemento, saneamento e pluviais, e soterrarase o tendido do alumeado público e as canalizacións dos servizos de telecomunicacións.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Sept 2024  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
           
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -