_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
RELACIÓNS INSTITUCIONAIS
Alberto Varela intercambia experiencias sobre xestión municipal co Alfonso Gómez, alcalde galego de Xenebra

O alcalde de Vilagarcía e presidente da FEGAMP, Alberto Varela, mantivo esta mañá unha reunión co alcalde de Xenebra, o galego Alfonso Gómez, que tomou posesión do mando da cidade helvética o pasado mes de xuño. Os rexedores tiveron a oportunidade de intercambiar experiencias sobre a xestión municipal nas súas respectivas cidades, así como de confrontar os retos que deberán asumir nos vindeiros anos.
24.10.2023.- O encontro con Varela foi o primeiro acto institucional que o alcalde de Xenebra –cidade que conta cunha importante comunidade galega debido á emigración- realiza en Galicia e responde á invitación trasladada dende a FEGAMP. Tras asinar no libro de honra, os rexedores mantiveron un cordialísimo encontro que serviu para coñecer como foi o proceso que rematou coa elección de Alfonso Gómez como alcalde da segunda cidade máis grande de Suíza, ademais de abordar a situación política e administrativa do país helvético. Tamén se trataron os principais problemas e retos que afrontan os concellos galegos, nun período marcado polas consecuencias da pandemia do covid e a suba de prezos, e pola falta de financiamento axeitado para que os municipios poidan cumprir cos servizos que teñen que prestar.

Os alcaldes coincidiron na necesidade de avanzar na aplicación de políticas locais de desenvolvemento sostible, apostando pola proximidade tanto na atención pública como na actividade económica, que fagan dos concellos ámbitos saudables para vivir e para traballar.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Dic 2023  
L
M
X
J
V
S
D
       
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2023. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -