_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
CONCELLO
O goberno local concreta coa veciñanza de Cornazo os investimentos a incluír nos orzamentos de 2024

O goberno local reuniuse onte pola tarde cunha representación da veciñanza de Cornazo co obxectivo de concretar a inclusión nos orzamentos municipais de 2024 os investimentos a realizar na parroquia. O alcalde, Alberto Varela, encabezou a delegación municipal que completaban o edil de Obras e Servizos, Lino Mouriño, e a concelleira de Cultura, Sonia Outón. Segundo a orde de prioridade fixada polos propios veciños, as actuacións, reservarase financiamento para acometer a reparación do muro da Fonte Bárbora, arranxos no centro sociocultural dos Borrizos e a instalación de medidas redutoras de velocidade nas rúas que o precisen.
26.10.2023.- A reunión encádrase na rolda de contactos que o goberno local ven mantendo de forma periódica cos colectivos das distintas parroquias e lugares do municipio a efectos de coñecer as necesidades do lugar e planificar as obras a realizar. Tamén onte pola mañá, visitouse A Laxe para manter un encontro coa veciñanza do lugar no centro Contra vento e Marea.

Na de Cornazo, Varela Paz aproveitou a ocasión para escoitar as demandas dos habitantes da parroquia e para poñer en común as posibles solucións ás necesidades transmitidas. Tamén se lles pediu que fixasen unha orde de prioridades para ir acometendo as actuacións sinaladas, así como para a inclusión de camiños no novo plan municipal de asfaltados que se está a concretar.
Avaliación das obras executadas

Finalmente, avaliáronse os últimos investimentos realizados polo Concello no lugar, como o asfaltado da rúa Souto -actuación que a veciñanza sinalara como prioritaria- ou a obra de saneamento na rúa Rianxeiro. O rexedor tamén lembrou a inminente execución da mellora da rede de saneamento na rúa Galufa a través dos remanentes cuxo reparto se aprobou no pleno de setembro e que o Partido Popular no apoiou.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Oct 2024  
L
M
X
J
V
S
D
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
     
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -