_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
DEPORTE
Fexdega ultima os preparativos para acoller o Campionato de España de Selecciones Autonómicas de Kenpo

O alcalde, Alberto Varela, xunto co concelleiro de Deportes, Carlos Coira e o presidente do club Kenpo Vilagarcía, Mario Hermo, visitaron esta mañá o pavillón de Fexedega co obxecto de comprobar o avance dos preparativos que se están a realizar para acoller o Campionato de España de Selecciones Autonómicas de Kenpo que se desenvolverá en Vilagarcía do 10 ao 12 de novembro. O evento reunirá aos mellores deportistas do Estado nas diferentes disciplinas que ten este deporte (kata, semikenpo, con armas, defensa persoal e combate) e en todas as categorías, dende alevín ata máster.
28.10.2023.- Asesorados pola Federación, o campionato contará para a súa realización con seis tatamis nos que se desenvolverán as probas da competición e outros tres para os traballos de quentamento.

A día de hoxe xa son preto de 1.000 os deportistas anotados para participar, número que pode elevarse ata a data de peche da inscrición. Os organizadores calculan que o evento atraerá esa fin de semana a Vilagarcía a unhas 2.500 persoas entre os deportistas, técnicos e familiares, o que supón un importante revulsivo para a economía local.

Tras revisar o estado dos traballos de montaxe das gradas e tatamis, o rexedor local congratulouse de que o Campionato de España de Kenpo se sume aos torneos e grandes citas deportivas que se celebran anualmente en Vilagarcía. "Isto é posible porque contamos coas infraestruturas axeitadas e pola demostrada capacidade que temos para organizar e acoller eventos multitudinarios". Varela amosou a súa satisfacción porque "con este campionato poderemos promocionar e gozar dunha das moitas modalidades deportivas que se practican na nosa cidade, seguindo o espírito da Fundación Municipal de Deportes de fomentar todos os deportes e o deporte para todos".

O alcalde aproveitou a ocasión para lembrar os méritos do club de Kenpo de Vilagarcía, "que é todo un referente nesta disciplina, no só a nivel nacional, senón tamén mundial, como o demostran os numerosos éxitos acadados e o moitos títulos que teñen conseguido os seus membros grazas ao bo traballo realizado durante os 30 anos que leva formando a deportistas e fomentando os valores do deporte".
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Ene 2025  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2025. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -