_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
OBRAS E SERVIZOS
Moncosa executará a humanización e mellora do acceso principal a Trabanca Sardiñeira

O Concello de Vilagarcía vén de adxudicar a Moncosa a obra de mellora e acondicionamento do acceso a Trabanca Sardiñeira por importe de 159.999 euros e un prazo de execución de cinco meses. A actuación afectará ao tramo de vía que, partindo da avenida Rosalía de Castro, conecta coa rúa Nosa Señora dos Anxos pasando baixo a vía do tren, e consistirá no acondicionamento dos itinerarios peonís, que gañarán en accesibilidade, e no axardinamento do noiro que flanquea a calzada. Con esta obra o goberno local atende unha petición trasladada pola veciñanza do lugar.
31.10.2023.- A intervención enmárcase nas políticas que está a desenvolver o executivo local nos últimos anos, rexenerando zonas degradadas con actuacións que permitan avanzar no modelo de cidade humanizada e accesible que promove o goberno de Varela Paz. Esta obra en concreto finánciase cunha subvención do Plan Concellos 2023.

O proxecto a executar no acceso a Trabanca Sardiñeira está claramente condicionado polas características deste tramo da calzada, que en poucos metros ten que salvar os 8 metros de diferenza de cota que existe entre a rúa Nosa Señora dos Anxos e a avenida Rosalía de Castro. Esta circunstancia dificulta a accesibilidade, especialmente a peonil, e afea a vía debido á barreira visual que supón o enorme ribado.

A solución adoptada polo redactor do proxecto, o arquitecto Iago Fernández Puentes, consiste en actuar no noiro, que se utilizará como base para habilitar novos accesos á urbanización en forma de escaleiras e ramplas, e tamén para crear zonas soleadas de descanso. Para isto realizaranse unha serie de bancadas construídas mediante muretes e malla galvanizada de aceiro. Estas estruturas darán sustento ás zonas de paso e estancia que, á súa vez, irán pavimentadas con formigón. As terrazas reencheranse de pedra granítica e as zonas verdes remataranse en terra vexetal sementada, de xeito que manteñan a permeabilidade e eviten a baixada das augas pluviais cara a beirarrúa e a calzada.

Tamén se habilitarán zonas de escaleiras cuxos chanzos se construirán en formigón armado coloreado e que irán convenientemente achaflanados e coas arestas pulidas. Dotaranse de pasamáns de aceiro cortén con iluminación incorporada. Por último, a intervención no noiro concluirá cunha actuación de acondicionamento das zonas verdes.

4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Ene 2025  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2025. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -