_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
MEDIO AMBIENTE
Os 85.000 euros das axudas municipais ás xuntas de montes permitiron acondicionar 72 hectáreas de masa forestal

As axudas que ofrece o Concello de Vilagarcía para previr incendios e axudar no mantemento dos montes permitiron este ano acondicionar e preservar 72 hectáreas de masa forestal. A Concellería de Medio Ambiente volveu a esgotar a partida de 85.000 euros que destina en cada presuposto a financiar os proxectos dos colectivos de comuneiros. As dez entidades existentes no municipio accederon ás subvencións que destinaron principalmente á execución de labores de limpeza e conservación das masas forestais. Tamén se realizaron tres plantacións de castiñeiros e piñeiros e se financiou a redacción dun proxecto de control arqueolóxico.
02.11.2023.- A comunidade de Guillán foi a que actuou nunha maior superficie, nun total de 20,39 hectáreas nas que levaron a cabo tarefas de roza. Traballos similares realizaron as xuntas de Sobrán e Vilaxoán, que combinaron medios materiais e mecánicos para acondicionar 12,53 hectáreas dos seus terreos. Os comuneiros de Rubiáns traballaron en 7,99 hectáreas realizando unha roza manual con recollida e trituración de restos e labores de poda de formación en masas de coníferas.

Rozas mecanizadas e manuais xunto con rareos foron os traballos do proxecto desenvolvido en 7,83 hectáreas dos montes veciñais de Fontecarmoa. A xunta de Loenzo optou este ano por executar unha roza de penetración e outra manual, así como unha poda alta en masa de coníferas e frondosas, traballos que afectaron a 6,05 hectáreas. Ademais, financiouse a redacción dun proxecto de control arqueolóxico, trámite preceptivo para poder actuar sobre a masa forestal situada nas áreas de protección existentes debido aos numerosos elementos arqueolóxicos e patrimoniais que se atopan nos nosos montes (petróglifos, mámoas ou restos de castros).

A mancomunidade de Cornazo e Solobeira centrou os seus proxectos en 5,39 hectáreas nas que realizaron rozas e rareos en zonas de monte, e unha roza mecanizada en pistas forestais.

Algo máis de 4,5 hectáreas foi a superficie na que a comunidade de montes de Trabanca Badiña actuou este ano a través das axudas municipais. Realizaron labores de roza e poda alta en masa de coníferas e tamén unha plantación de castiñeiros. Tamén optaron pola reforestación os comuneiros de Trabanca Sardiñeira, neste caso plantando castiñeiros e piñeiros, traballos que completaron cunha tala e trituración da biomasa. En conxunto traballaron sobre 4,37 hectáreas de terreos veciñais.

Pola súa banda, a comunidade de montes de Cea realizou labores de roza manual con rareo e poda de frondosas en 2,96 hectáreas, mentres que a xunta de Bamio centrou o seu proxecto na limpeza e conservación das pistas forestais realizando rozas mecanizadas para crear faixas auxiliares a ambos lados dos camiños e nunha lonxitude total de 9 quilómetros.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Sept 2024  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
           
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -