_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
CONCELLO
Castes, a Feira Independente do Viño, regresa coa presenza de 85 adegas de España, Italia, Francia e Portugal

A Feira Independente do Viño, Castes, regresa este mes de novembro a Vilagarcía co obxectivo de dar a coñecer e promocionar os caldos das pequenas e medianas adegas que teñen destacado no eido nacional e internacional. O evento focalizado nos profesionais do viño e nos “winelovers” contará coa participación de 85 adegas procedentes de España, Italia, Portugal e Francia, sempre prestando especial atención aos produtores e cultivadores galegos. Catas profesionais e abertas ao público o foro Slow Wine, o túnel do viño, o Campionato Internacional de Cata, a entrega de premios e o Castes Fest complementan o programa que se repartirá en distintas fins de semana.
02.11.2023.- A sexta edición da feira presentouse esta mañá no Concello coa presenza do alcalde, Alberto Varela, o concelleiro de Promoción Económica, Álvaro Carou, o organizador do evento, José Dieste, e o presidente do Instituto Galego do Viño, Xoan Canas. O rexedor abriu o acto para recoñecer os beneficios que Castes ten para Vilagarcía como elemento dinamizador da economía local e desestacionalizador da oferta turística. Por estas razóns, Varela agradeceu a Dieste “a posta en marcha dun proxecto que xa está consolidado, que converte a Vilagarcía en referente no mundo do viño, que fai que na nosa cidade se fale de grandes caldos de diversos países, e que en moitos países se fale de Vilagarcía”.

Aínda que os actos principais do CASTES se celebrarán o día 19 de novembro na Praza de Abastos, haberá actividades antes e despois desta data. De feito, o programa abrirase o mércores 8 pola tarde coa precata dos premios e coa aula Castes, un curso aberto ao público interesado.

O venres os actos trasládanse ao Salón García, onde se desenvolverá o foro Castes Slow Wine Forum 2023, un acto no que representantes deste colectivo internacional falarán sobre a aplicación da filosofía do quilómetro cero na produción, comercialización e consumo do viño e sobre a potencialidade da actividade vitivinícola para dinamizar e xerar impacto económico nas zonas do rural. Ao remate do foro celebrarase a entrega dos premios Castes’ 23.

O día grande da Feira Independente do Viño de Vilagarcía será o sábado 19 de novembro. Os actos da xornada desenvolveranse entre a Praza da Verdura e o espazo gastronómico da Praza de Abastos, sito no primeiro andar do mercado público. Dende primeira hora da mañá sucederanse as actividades que comezarán co Aberto Internacional de Cata’23. A partir das 13.00 horas abrirá as súas portas a feira propiamente dita, na que os asistentes poderán degustar os case 400 caldos que exhibirán as 85 adegas participantes, entre as que destacan as procedentes das rexións do Piamonte italiano e da Borgoña francesa, xunto coas galegas. Para asistir á feira é preciso comprar a entrada a través da web castes.es. Os billetes saen inicialmente e durante uns días ao prezo promocional de 22 euros, que pasará a ser de 28 ao remate da oferta.

Pola tarde, a axenda do día inclúe a lectura do manifesto Slown Wine e a entrega de premios do VI Aberto Castes e rematará, xa nun ambiente máis festivo, co Castes Fest, que comezará ás 19.30 horas.

Malia isto, o público aínda terá a oportunidade de afondar na cultura do viño os sábados 25 de novembro e 2 de decembro participando no Túnel do Viño, unha experiencia gratuíta e aberta a todas as persoas interesadas en coñecer, apreciar e distinguir as calidades dos distintos caldos, para o cal contarán coas explicacións de sumilleres profesionais.

A reserva de praza nas actividades e a compra de entradas para a feira debe realizarse a través da web http://www.castes.es , onde tamén se pode consultar o programa completo e os horarios das actividades.

Como demostración da consolidación alcanzada por Castes, Dieste comezou que a captación de adegas para participar na feira xa apenas supón esforzo porque, grazas ao prestixio e ao boca a boca das edicións anteriores, xa son a maioría as firmas que chaman interesándose por acudir.

O representante do Instituto Galego do Viño puxo a til no elemento que diferenza e fai única a Castes respecto a outras moitas feiras do viño que existen en Galicia: que se trata dun evento feito e pensado por e para profesionais do sector, “polo que é o que máis criterio ten e polo que se valora tanto”. Canas felicitou ao promotor da iniciativa e agradeceu ao Concello a aposta que fai por colaborar na organización deste evento.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Dic 2024  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
         
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -