_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
EDUCACIÓN
O goberno local e o grupo parlamentario socialista esixen á Xunta a mellora do transporte escolar ao IES O Carril

O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, comprometeuse a apoiar ás familias do alumnado do IES do Caril nas súas reivindicacións ante a Xunta de Galicia para que mellore o precario servizo de transporte escolar. O rexedor reuniuse esta mañá cunha representación das nais dos estudantes e da dirección do centro para coñecer de primeira man o asunto, e asegurou que o goberno local fará as xestións oportunas e promoverá un acordo do Pleno para instar á Consellería de Educación a que resolva a problemática. Á reunión asistiu tamén o deputado socialista Julio Torrado, que presentou unha iniciativa ante o Parlamento galego para abordar a situación.
03.11.2023.- Ao encontro celebrado no instituto acudiron tamén a concelleira de Educación, Paola María, e os edís de Deportes e de Promoción Económica, Carlos Coira e Álvaro Carou.

Segundo explicaron as nais, o problema xerouse cando a Consellería, a motu propio, decidiu asignar o IES de Carril como centro de referencia para os escolares procedentes do colexio da Escardia, no centro de Vilagarcía. “Vímonos obrigados a que os nosos fillos e fillas cursaran a ESO aquí, malia ter o instituto Castro Alobre a carón das nosas casas. E por si fora pouco, agora atopámonos con que o transporte escolar tarda 40 minutos en facer un percorrido que debía facerse en 10 minutos”. Isto débese, segundo explicaron, a que a Consellería aproveita o bus para cubrir distintas liñas, “polo que, en lugar de ir directo ao instituto, métese polo rural para ir recollendo a outros escolares”.

Segundo indicaron, o problema agrávase a mediodía, xa que entre o que tardan en chegar a casa e o pronto que teñen que saír para regresar a clase, só dispoñen de 15 minutos para comer, situación que o rexedor non dubidou de cualificar de “nada saudable”. Pola súa banda, Torrado comentou que “a solución é tan sinxela como que a Consellería modifique o plan de transporte asumindo o custe dunha liña propia para cubrir o servizo a este centro”.

As afectadas piden un trato igualitario para os seus fillos e fillas. “Só pedimos que teñan un servizo de transporte como os resto dos escolares, que non teñan que perder tempo indo de ruta turística polo rural”. As peticións das familias e da propia ANPA foron postas en coñecemento da Consellería de Educación en numerosas ocasións, indicaron, “pero nin resolveron nada, ni tan sequera responden aos nosos escritos”.
A mellora do transporte escolar non é a única demanda que puxeron en coñecemento do goberno local. Tamén se referiron á petición de implantación da xornada única no centro, “co que a Xunta aforraría dous servizos diarios de bus, podendo destinar estes cartos a mellorar a liña actual”.

O alcalde, xunto cos seus concelleiros e o parlamentario socialista, visitou o pavillón de deportes do IES O Carril en compaña da directora do centro e das nais co obxectivo de revisar as instalacións para as que tamén se demandan melloras. Varela explicou que trasladará a petición á Consellería e que, aínda non sendo un asunto municipal, posto que os centros de Secundaria son de plena competencia autonómica, “o Concello estaría disposto a botar unha man no arranxo dunhas instalacións deportivas das que tamén fan uso clubs do municipio”. A última das demandas que tamén serán trasladadas á administración autonómica dende Ravella é a da instalación dun ascensor no instituto, “unha obra necesaria, en especial nun edificio público, e tendo en conta que as administracións deben ser as primeiras promover a accesibilidade”.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Dic 2023  
L
M
X
J
V
S
D
       
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2023. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -