_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
XUVENTUDE
O Vilagarcía, Cidade de Libro obtén o recoñecemento do Ministerio de Cultura cunha axuda de 19.000 euros

A feira literaria Vilagarcía, Cidade de Libro vén de obter o recoñecemento do Ministerio de Cultura, que destacou o evento entre os mellores de todo o Estado que concorreron á convocatoria de axudas da Subdirección General de Promoción del Libro, la Lectura y las Letras Españolas. O certame organizado pola Concellería de Xuventude competiu con outros 47 proxectos doutros tantos concellos, acadando a terceira maior puntuación concedida pola comisión de valoración, xunto con outros seis municipios. En consecuencia, Vilagarcía recibe unha axuda de 19.000 euros para financiar a última edición da mostra que se celebrou no mes de xuño.
06.11.2023.- Esta era a primeira vez que o Vilagarcía, Cidade de Libro concorría a esta liña de axudas, xa que un dos requisitos das bases era que se tratase de eventos consolidados cun mínimo de tres edicións celebradas, situación que se produciu este mesmo ano.

A orixinalidade do formato do certame foi o aspecto maior valorado no proxecto vilagarciá. Nel destaca a interacción entre os autores e o público, con actividades como as Conversas ao Solpor ou a presentación e sinatura de libros; así como unha ampla variedade de actividades de diferente tipo para fomentar a lectura e a escritura entre públicos de todas a idades, como teatro, xogos literarios, contacontos, dinamización de rúas ou actuacións musicais; ademais de ter representados todo tipo de xéneros e temáticas, e de dar espazo á industria editorial.

Tamén destaca a longa lista de recoñecidos escritores e escritoras de ámbito estatal, galego e mesmo internacional que acoden ao Vilagarcía Cidade de Libro. Na edición deste ano participaron autores da talla de Carmen Posadas, Ian Gibson, Juan Tallón, Carme Chaparro, María Solar, Rayden, Rebeca Stones, Juan Arcones , Andrea Maceiras, Manuel Portas e J.R. Alonso de la Torre, entre outros. E os dous anos anteriores contouse coa presenza de Domingo Villar, Ildefonso Falcones, Nacho Carretero, María Oruña, Javier Cercas ou Manuela Carmena.

Outros dos aspectos valorados pola comisión foron a relevancia e interese da iniciativa, o impacto na poboación infantil e outros grupos, o alcance da proposta e as linguas presentes, ademais do orzamento do evento e as sinerxías xeradas.
A concesión desta axuda do Ministerio de Cultura recoñece o acerto da aposta do Concello polo Vilagarcía, Cidade de Libro, algo que anteriormente xa referendaran o público e os expositores coas súas positivas valoracións sobre a mostra literaria, así como o prestixio dos autores que se achegan á mostra.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Ene 2025  
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2025. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -