_ Buzón do Alcalde Trámites Administrativos Turismo Enlaces
4O CONCELLO
:VILAGARCÍA TURISMO:
_LA CIUDAD
_THE CITY
voluntariadogalego.org
voluntariadogalego.org
DESENVOLVEMENTO LOCAL
As condicións meteorolóxicas extremas das últimas semanas obrigan a aprazar ao día 23 o remate das obras da biblioteca

O goberno local decidiu conceder unha última e excepcional prórroga de 15 días á empresa adxudicataria da construción da nova biblioteca, unha vez que aquela, Obras Gallaecia, SL, xustificara no mal tempo das últimas dúas semanas a imposibilidade de realizar as actuacións pendentes no exterior do edificio. O arquitecto director da obra, que é externo, non municipal, apoiou a tese da empresa, polo que finalmente o concello tamén decidiu esperar eses 15 días e aceptar o compromiso de Gallaecia de culminar a reforma antes do día 23.
09.11.2023. No seu escrito, a empresa argumentou que “la extrema climatología de este último mes han ralentizado el avance de la ejecución y no permiten ejecutar los trabajos exteriores en el tiempo previsto en el proyecto para ello”. Engadía que “los fuertes vientos huracanados y las intensas y abundantes lluvias que están afectando desde hace semanas a nuestra Comunidad Autónoma y causan peligrosos desprendimientos, cortes de luz y carreteras cortadas”, obrigaron a ter que extremar as precaucións á hora de executar os traballos no exterior “por el importante peligro que implica para los trabajadores”. De acordo coa lexislación, Gallaecia entende que se trata de causas alleas á empresa e, polo tanto, non ten responsabilidade no retraso na execución do proxecto. O arquitecto director da obra emitiu ditame favorable á solicitude, de aí o beneplácito do goberno local, que, lamentando este novo retraso, tamén entende que primeiro é a seguridade dos traballadores e mesmo dos viandantes que poderían verse prexudicados no caso de realizar obras durante un temporal.

Como se sabe, xa en xuño a empresa tivera que pedir unha primeira prórroga a causa dos problemas coas subministracións de diversos materiais, algo común a inmensa maioría das obras, públicas e privadas, que se están desenvolvendo na cidade e fóra dela. Esa ampliación de prazo, de tres meses, tería sido suficiente se non fose polo mal tempo das últimas semanas. En todo caso, e malia a prórroga de dúas semanas, o esencial é que de inmediato Vilagarcía contará coa biblioteca que viñan demandando dende hai anos os seus milleiros de usuarios, despois dun investimento de 1.648.266,21€.
4Participación CIDADÁ
_Escribe o teu ALCALDE
_Regulamento de Particip.
_Queixas e Suxestións
Trámites Administrativos
  Municipais / No Municipais
»
4DÍA A DÍA
    Sept 2024  
L
M
X
J
V
S
D
           
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
           
Congreso Vai de Rúas 2022
P.X.O.M.
voluntariadogalego.org


[Inicio] [Información Turistica] [Trámites Administrativos] [Ordenanzas] [Taboleiro de anuncios] [Buzón de Suxestións]
[Novas Concello] [Axenda Cultural] [Revista Municipal] [Plan Xeral de Urbanismo] [Vilagarcía en cifras]
[Gabinete de Comunicación] [Postales] [Mapa e Rueiro] [Enlaces] [Contacto]

© 2024. Concello de Vilagarcía de Arousa
Praza Ravella, n° 1. 36000 - Vilagarcía de Arousa
- Aviso Legal - Créditos -